Group: Administradores
Posts: 618
Member No.: 2
Joined: 15-August 06
QUOTE (Mixigodo @ Feb 11 2009, 21:49 PM)
Eu eses xa os teño, pero agradécese o aporte!
Unha cousiña, a que te refires co de "volumes 1-5 (de 7)", é que aínda hai outros dous volumes? Nunca oín falar deles, telos pensado subir?
E outra cousa, alguén ten os videoclips? Penso que saíron nun DVD, pero non sei...
O de "volumes 1-5 (de 7)" púxenllo eu cano lle corrixín o título ao fío. Os volumes 6 e 7 son os últimos que saíron: o 6 é un CD e o 7 é o DVD que é boísimo, aínda que se botan en falta algúns vídeos.
Despois, hai un CD titulado "A cantar co Xabarín", que saiu despois dos catro primeiros e que só se podía conseguir xuntando puntos (300 ou 500, non o recordo agora) nunha promoción de Larsa. Supoño que sería unha recopilación, non o sei, pero a cuberta era diferente á de calquera dos outros discos.