[petición] Superman
| enfeitizador |
|

聖闘士星矢 " Arde, cosmos!
    
Group: Membros
Posts: 886
Member No.: 43
Joined: 10-January 07

|
FPS: frames per seconds (cadro/imaxes por segundo), noutras palabras velocidade de reproducción. As edicións en DVD e emisións televisivas en España son en sistema PAL, o cal ten unha taxa de 25 FPS; pero nas edicións EUA úsase o sistema NTSC, que é unha taxa de 23,97 fps (ou ben pode poñer 29,97 fps). E de ahí che poden sair as diferenzas, comparas a velocidade do audio da TVG, que está a 25 fps, con un vídeo DVDrip (supoño versión EUA), que virá a 23,97 fps. A solución estaria, ou por unha banda, facerse cunha edición DVD(-rip) española, que deberia estar igual en velocidade co audio da TVG, ou ben, ralentizar (decelerar) a velocidade do audio galego aos 23,97fps. Programa: http://besweet.notrace.dk/ - BeSweet - Ir a stable e baixar BeSweet v1.4 e máis BeSweetGUI v0.6b61. - Descomprimir todo no mesmo cartafol (recomendo na raiz de C:\, para te-lo máis a man). O programa pódese usar baixo liña de comandos (arquivo BeSweet.exe) ou ben con interface gráfica (arquivo BeSweetGUI0.6b61.exe). - Agora toca pasar de 25fs (25000) a 23,97fps (23976). Na maioría dos casos seria 23976, pero convén mirar os FPS do vídeo, por se acaso: usar GSpot ou MediaInfo para ler a información do vídeo, buscar o valor Frame Rate e anotalo. Agora temos 2 opcións para facelo: BeSweet (liña de comandos): copia o arquivo de audio ao cartafol do programa, renomea a "audioa25fps.mp3" (p.ex.), crea un documento de texto no mesmo cartafol, e escribe o seguinte: | CODE | | BeSweet -core( -input "audioa25fps.mp3" -output "audioa23976fps.mp3") -ota( -r 23976 25000 ) |
gárdao coma executa.bat, e ao darlle dobre click, abrirache unha xanela do msdos, onde veras correndo uns numeros e ao carón transcoding. Iso é que o está a pasar. Cando remata, a xanela péchase soa e terás un novo arquivo de audio co nome de "audioa23976fps.mp3" (no exemplo), observarás que tamén pesa menos respecto ao orixinal.
BeSweetGUI0.6b61 (interface): copia o arquivo de audio ao cartafol do programa, renomea a "audioa25fps.mp3" (p.ex.) e abre o programa. Imos a configuralo. En Locations, indicar onde está o BeSweet.exe (buscalo, se o extraiches en C:\ xa che sairá o cartafol no mesmo recadro, senon busca a ruta onde estea, dobre click nel e abaixo poñerá "Valid", preme "ok"). O mesmo para engadir o audio antes renomeado, abrir "input", e primeiro, en "Enter file name" seleccionar .mp3 e logo buscao, dobre click, que marque "Valid" e "ok". E para rematar o mesmo no botón "Output", anque antes elixir da lista que abre o recadro verde "mp3", e logo buscar o cartafol do besweet, e poñer no "Enter file name" o nome que queiras, p.ex. "audioa23976fps.mp3", para que o garde alí (tamén lle podes sinalar o escritorio ou onde queiras). Logo, con todo sinalado, no apartado "AC3ENC", poñer "mp3". Imos ao apartado "OTA (overall tracks adjust)" e ali sinalamos a opción "change framerate from" e os valores serian de 25000 a 23976 (este "23976" seria o valor que sacamos de mirar o Frame Rate do vídeo). E agora, premer o botón "MP3 to MP3" e abrirá unha xanela de msdos, cando remate, teras o arquivo cos fps cambiados.
E así pasarias os FPS de PAL a NTSC, co que debera concordar a velocidade de reproducción. Se así, en bruto e mensaxe tocho, non o entendes moito, miro de sacarche unhas capturiñas de mostra. E se non é de ahí o problema, obvia a mensaxe e descansa os ollos logo da parrafada sen senso.
PD. por se acaso, hobbes ou junpei (que vos vin comentar antes cousas do besweet), se vedes algo mal nalgún lado avisade, que eu co GUI non me dou, e na liña de comandos uso "per vida" o mesmo comando.
--------------------
|
|
|
Track this topic
Receive email notification when a reply has been made to this topic and you are not active on the board.
Subscribe to this forum
Receive email notification when a new topic is posted in this forum and you are not active on the board.
Download / Print this Topic
Download this topic in different formats or view a printer friendly version.
|