Skin is Copyright to Starr


Pages: (19) [1] 2 3 ... Last » ( Go to first unread post )

 Cinema na Galega, directorio das próximas emisións
enfeitizador
Posted: Jan 22 2007, 10:55 PM


聖闘士星矢 " Arde, cosmos!


Group: Membros
Posts: 886
Member No.: 43
Joined: 10-January 07



CINEMA NA user posted imageALEGA

Luns 19/12 Venres 22/12



Ollo!! ao editar, cambiar 165x384 por 124x288.
Neste fío iran remarcados os filmes que dean na programación da TVG, dado que só pon o nome da película en cuestión (sen dar unha mísera sinopse) e que deste xeito, non pasen desapercibidos aos interesados en determinada película.

Vale, pois, o fío para avisarmos de películas de interese ou preavisos no caso de que alguén desexe determinado titulo e, caso de ter algún problema en gravala, poda contar con alguén mais que a gravase.

user posted image


--------------------
Top
Mestre
Posted: Jan 22 2007, 11:36 PM


Usuario profesional


Group: Administradores
Posts: 618
Member No.: 2
Joined: 15-August 06



A min interésame todo canto material se capture. Hai cousas que non gravo porque non me chega o tempo nin os cartos en DVDs virxes (tede en conta que eu gravo "a pelo", non monto). Vexo que grazas a xente coma ti, enfeitizador, isto tira. Unha cousa... Xa gravas con capturadora ou aínda en fita de vídeo?

PD: Agradécense os detalles cos que ilustras as túas mensaxes, coma esas imaxes que pon a TVG na súa programación (eu emprégoas como iconas para as carpetas das series que capturo).


--------------------
BÚSCASE:
Colombo (#09.6): Asasinato en Malibú (Cap. 55)
RECOMPENSA: A serie completa nunha montaxe para todos no novo foro d'Os Arquivos da Meiga.
Top
enfeitizador
Posted: Jan 23 2007, 12:35 AM


聖闘士星矢 " Arde, cosmos!


Group: Membros
Posts: 886
Member No.: 43
Joined: 10-January 07



Pois hoxe inda vou gravar en fita de vídeo. Teño unha tarxeta capturadora no outro ordenador pero alí non lle me chega o sinal con calidade (estou nunha casa das vellas onde o cable da antena vai polo aire, en vez de ter o cableado polas paredes). A ver se nuns dias monto a parabólica e despois xa miro de capturar no ordenador.

QUOTE
Agradécense os detalles cos que ilustras as túas mensaxes, coma esas imaxes que pon a TVG na súa programación

E que che son as que ten a TVG... supoño que non me dirán nada por "roubarllas" :unsure:


--------------------
Top
Mestre
Posted: Feb 20 2007, 12:16 AM


Usuario profesional


Group: Administradores
Posts: 618
Member No.: 2
Joined: 15-August 06



Aaah!!! Tiven problemas para capturar a maior parte desas películas!!!
Das que ti comentas, enfeitizador, só pillei "Día de adestramento" (Training Day). Cales tes ti?


--------------------
BÚSCASE:
Colombo (#09.6): Asasinato en Malibú (Cap. 55)
RECOMPENSA: A serie completa nunha montaxe para todos no novo foro d'Os Arquivos da Meiga.
Top
Mestre
Posted: Feb 20 2007, 12:26 AM


Usuario profesional


Group: Administradores
Posts: 618
Member No.: 2
Joined: 15-August 06



Tiven problemas para gravar as catro películas (a quinta non a conto que como ben dis, era en V. O. S.). Finalmente só teño á que gravaches sen querer... En calidade TDT, por suposto.


--------------------
BÚSCASE:
Colombo (#09.6): Asasinato en Malibú (Cap. 55)
RECOMPENSA: A serie completa nunha montaxe para todos no novo foro d'Os Arquivos da Meiga.
Top
enfeitizador
Posted: Feb 20 2007, 12:34 AM


聖闘士星矢 " Arde, cosmos!


Group: Membros
Posts: 886
Member No.: 43
Joined: 10-January 07



QUOTE (Mestre @ 20 Febreiro 2007, 00:16)
Das que ti comentas, enfeitizador, só pillei "Día de adestramento" (Training Day). Cales tes ti?

Pois ningunha, a verdade estes días non tiven aquel de poñerme a gravar. Abrín o fío por facilitar as fichas de cada filme e que a xente se animase se lle gustaba.


Recopilación de filmes emitidos (e montaxes) [sen revisión]
· Febreiro
Día de adestramento Training Day || Xiro inesperado Twisted aka The Blackout Murders || A vida de Abbie Hoffman = Steal This Movie || Calexón sanguento Blood Alley (1955) || O conde de Montecristo Alexandre Dumas' The Count of Monte Cristo (2002) || Os Búfalos de Durham (1988) (EUA) || "Ataque verbal" || "Demolition man" (1993) || "Calafrío" (2002) || "The Majestic" (2001).
· Marzo
"Karate a morte en Bangkok (by HBS)", "Matrix Reloaded (by HBS)", "O furor do Dragón (by HBS)", "A volta ó mundo en 80 días", "Furia oriental (by HBS)"...
· Abril
"Fallen" (1997), "Algo de que falar" (1995), "Oito Homes" (1988), "Troia [2004] (by HBS)", "O Enxame" (1978), "Evasión ou Victoria" (1981), "Armas invencibles" (1985), "Un poeta entre recrutas", "John Wayne e os cowboys" (1972), "Os sen nome", "Un crime perfecto", "Tarzán, o home mono", "Caza legal", "Os McMaster", "Guerreiros invencibles", "A zona gris", "Con furia no sangue", "Fort Bravo", "Diñeiro sucio", "Na boca do lobo", "O corzón de Dixie", "Terra de ninguén", "Asasinos", "Conselleira matrimonial", "Operacion diamante", "O día dos tramposos", "Encrucillada de destinos", Johnny Superstar", "Pasaxeiro 57", "Trala tormenta", "A cadea invisible", "O club social de Cheyenne", "Invicto", "A morte e a doncela"
· Maio
"Tarzán e o neno da xungla", "O monxe", "Decisión crítica", "A casa do xogo", "O xardín da alegria", "Corazóns na Atlántida", "Outeiros ardentes (The Burning Hills, 1956)", "O soño de Valentín" (El sueño de Valentín, 2002), "Arde Mississippi" (Mississippi Burning, 1988), "Xoán Ninguén" (Meet John Doe, 1941), "As aventuras de Jeremiah Johnson" (Jeremiah Johnson, 1972), "Best Seller" (Best Seller, 1987), "A vida de Abbie Hoffman" (Steal this movie, 2000), "Heroína" (Heroína, 2005), "A lingua das bolboretas" (1999)...


--------------------
Top
enfeitizador
Posted: Feb 20 2007, 12:44 AM


聖闘士星矢 " Arde, cosmos!


Group: Membros
Posts: 886
Member No.: 43
Joined: 10-January 07



Eu graveinas, pero como xa dixen noutro lado, de momento so podo gravar en fita de video. Penso que entre esta ou a vindeira seman, poñeria o satelite, e xa coas mesmas merco unha gravadora DVD. A magoa é que aqui ainda non pille TDT.
Mestre, ti e mais eu témonos que ver polo messenger e facer algun que outro troco, que debes ter mogollon de cousas que me poidan interesar, de momento, iso que me falta de Colombo, e logo, o utras cousas, que anque xa teña en fita, sempre queda mellor contar co que teña mais calidade.


--------------------
Top
Mestre
Posted: Feb 20 2007, 12:51 AM


Usuario profesional


Group: Administradores
Posts: 618
Member No.: 2
Joined: 15-August 06



QUOTE (enfeitizador @ Feb 20 2007, 12:44 AM)
Eu graveinas, pero como xa dixen noutro lado, de momento so podo gravar en fita de video. Penso que entre esta ou a vindeira seman, poñeria o satelite, e xa coas mesmas merco unha gravadora DVD. A magoa é que aqui ainda non pille TDT.
Mestre, ti e mais eu témonos que ver polo messenger e facer algun que outro troco, que debes ter mogollon de cousas que me poidan interesar, de momento, iso que me falta de Colombo, e logo, o utras cousas, que anque xa teña en fita, sempre queda mellor contar co que teña mais calidade.

Claro que si! Xa falaremos, colega. En canto poña activo o messenger, agrego o teu enderezo e douche un aviso. Mágoa que non dispoñas de TDT, move vento e marea para conseguir recibila. Recoméndoo!


--------------------
BÚSCASE:
Colombo (#09.6): Asasinato en Malibú (Cap. 55)
RECOMPENSA: A serie completa nunha montaxe para todos no novo foro d'Os Arquivos da Meiga.
Top
enfeitizador
Posted: Feb 20 2007, 01:12 AM


聖闘士星矢 " Arde, cosmos!


Group: Membros
Posts: 886
Member No.: 43
Joined: 10-January 07



QUOTE (Mestre @ Feb 20 2007, 12:51 AM)
Mágoa que non dispoñas de TDT, move vento e marea para conseguir recibila. Recoméndoo!

Aqui ainda nos queda por agardar... Cando sopra un pouco de vento anda o sinal a saltar a cachos, e senon, cando se vai a luz, debe apagarse o repetidor que nos quedamos un bo cacho sen canle algunha. Amais, aqui xa estan afeitos a isto que pasa, que por desgraza retribue en que a xente pase de gravar nada... Falando disto, o outro dia, soprou vento, e como perdin o sinal, tiven que gravar un capitulo de Colombo polo que nos chega de Vigo mira ti! Gravouse con chuva, pero de son para min que quedou perfecto.


--------------------
Top
Peter
Posted: Feb 20 2007, 02:33 AM


Usuario medio


Group: Membros
Posts: 46
Member No.: 40
Joined: 2-January 07



Teño Xiro inesperado e Ataque Verbal (a parte de Karate Kid I, II e III, Rescate-esta con peor son- Arma Letal II, Día de adestramento, 100 mozas, Monster, etc) . Eu grabo en fita de video e as veces o que fago e colle-lo audio e pegalo a imaxe de DVDrip para mellora-la imaxe. O problema e que non sei porque se me crea un avi de 1.5 GB no canto de 700 megas dry.gif Se vos intersa podo pasarvo-los audios (por pando sería o mellor) e logo vós xa vos apañades. smile.gif
Top
enfeitizador
Posted: Feb 20 2007, 03:11 AM


聖闘士星矢 " Arde, cosmos!


Group: Membros
Posts: 886
Member No.: 43
Joined: 10-January 07



QUOTE (Peter @ 20 Febreiro 2007, 02:33)
Teño (..) Monster, etc (..) o que fago é colle-lo audio e pegalo a imaxe de DVDrip para mellora-la imaxe. O problema é que non sei porque se me crea un avi de 1.5 GB no canto de 700 megas (..)

Esta xa cha vai pedir Mestre que a perdeu de gravar...

A ver se atopo algo na rede sobre montaxes e o poño en manuais, por se tes interese en aprender. O mellor que podes facer, de facela montaxe, é poñer o anuncio antes de poñerte ao choio (compartilo ou preparalo), e quizais te atopes con alguén que o gravase en TDT, e, se che pasa a banda de son, gañamos en calidade.

Ou senón, se prefires prestalas bandas de son, alguén haberá que se interese. Eu, se tivese de tempo xa chos pedía (de primeiros os “Karate Kids”), pero pode ser que máis adiante.


--------------------
Top
Peter
Posted: Feb 20 2007, 05:14 PM


Usuario medio


Group: Membros
Posts: 46
Member No.: 40
Joined: 2-January 07



Home, para min o máis cómodo é pasarvo-los audios. Porque o feito de crear un avi e que me ocupe 1 Gb e pico a min dame o mesmo, mellor para min porque tén maís calidade que un que me ocupe 700 megas. O problema é para pasarlo debido ó peso, porén, pasa-los audios e que cada un os pegue a un avi é máis sinxelo e cómodo penso eu. Ademáis moitos dos audios que teño, aínda que son procedentes de VHS creo que soan moi ben (non todos, os que grabei ultimamente digo). Poñovos un exemplo para que me digas se notades que é de VHS ou non. É da película 100 mozas e tede en conta que paseino a mp3 para colgalo, se alguén lle interesa pasollo en wav.


http://www.megaupload.com/es/?d=NXYQ6090
Top
BlueLynx
Posted: Feb 21 2007, 08:09 PM


Administrator


Group: Administradores
Posts: 853
Member No.: 1
Joined: 10-August 06



No seu momento non puiden gravar a de 100 mozas, e a verdade e que me gustou moito, escachei a rir. Fixenme coa peli en castelan, pero perde moito e andaba a busca-la dobraxe galega., ¿Poderiasme mandar por megaupload o audio completo da peli? Asi a ver se nun momento que teña podo face-la montaxe


--------------------
Estado da V3:
Beta privada: Fase 2 - Movemento de fíos de v2 a v3
Seguinte fase
Beta privada: Fase 3 - Revisión de erros e "pulido final"
Top
enfeitizador
Posted: Feb 21 2007, 08:12 PM


聖闘士星矢 " Arde, cosmos!


Group: Membros
Posts: 886
Member No.: 43
Joined: 10-January 07



A Galega e mailos seus trocos!!

Hoxe teñen a “Gran Noite de Cine”, a cal viñan emitindo tódolos xoves. E o que daban hoxe, “O Show dos Tonechos” pásano para maña venres.

Eu penso poñer a gravar “Demolition Man” (O demoledor), as outras nin fu nin fa, poda que inda deixe para gravar unha, pero a outra xa non me entraría na fita.


--------------------
Top
Mestre
Posted: Feb 21 2007, 08:35 PM


Usuario profesional


Group: Administradores
Posts: 618
Member No.: 2
Joined: 15-August 06



QUOTE (BlueLynx @ Feb 21 2007, 08:09 PM)
No seu momento non puiden gravar a de 100 mozas, e a verdade e que me gustou moito, escachei a rir. Fixenme coa peli en castelan, pero perde moito e andaba a busca-la dobraxe galega., ¿Poderiasme mandar por megaupload o audio completo da peli? Asi a ver se nun momento que teña podo face-la montaxe

Home, fíome da calidade de audio que nos asegura Peter, pero eu teño esa película capturada en TDT wink.gif.

Eu ando na procura de "Mystic River", que non puiden gravar no seu momento...

Intentarei gravar as pelis de hoxe.


--------------------
BÚSCASE:
Colombo (#09.6): Asasinato en Malibú (Cap. 55)
RECOMPENSA: A serie completa nunha montaxe para todos no novo foro d'Os Arquivos da Meiga.
Top


Topic OptionsPages: (19) [1] 2 3 ... Last »



Hosted for free by InvisionFree (Terms of Use: Updated 7/7/05) | Powered by Invision Power Board v1.3 Final © 2003 IPS, Inc.
Page creation time: 0.6465 seconds | Archive