|
Supoño que moitos coñeceredes os programa "Pasapalabra" e a súa proba máis famosa, o rosco, pois o que pretendo con este fío e que xoguemos precisamente a eso, xa que polo que vin o xogo de palabras encadeadas tivo bastante tirada.
Para quen non coñeza de que vai a proba, vou explicar como funciona:
Hai que propoñer unha palabra por cada letra do alfabeto, e que ten que comezar por dita letra, agás no caso das letras Ñ, Q e X, nas que se pode optar porque a palabra conteña dita letra no canto de comezar por ela. O que propoña a palabra terá que dar a súa definicion, e logo os demáis parcipantes terán que tratar de adiviñar dita palabra. Recordade que a J, K, Y e W non existen no alfabeto galego, asi que non forman parte do rosco.
Para levar as contas das puntuacións, faráse do seguinte xeito:
Alcume: 0A 0B 0C 0D 0E 0F 0G 0H 0I 0L 0M 0N 0Ñ 0O 0P 0Q 0R 0S 0T 0U 0V 0X 0Z = 0P
Vexamos un exemplo:
O xogador 1 adiviñou correctamente 1 palabra que comeza por A, 3 que comezan por G e 2 que comezan por/incluen Ñ. Tendo en conta que cada palabra acertada vale coma 1 punto o marcador quedaría así:
Xogador 1: 1A 3G 2Ñ = 6P
Como vedes non e necesario poñer as letras que ainda non se acertaron.
Cada vez que se acerte unha palabra, o acertante deberá propoñer outra palabra coa seguinte letra do alfabeto, ó mesmo tempo que copiará as ultimas puntuacións e incluirá/actualizará a súa puntuación da maneira indicada arriba ó pé da mensaxe.
¿Comezamos?
Comeza coa A - Planear algo con obxectivos prácticos e efectivos.
--------------------
Estado da V3: Beta privada: Fase 2 - Movemento de fíos de v2 a v3 Seguinte fase Beta privada: Fase 3 - Revisión de erros e "pulido final"
|