Skin is Copyright to Starr


 

 [petición] Superman
XDB
Posted: Nov 13 2008, 08:33 PM


Usuario avanzado


Group: Membros
Posts: 72
Member No.: 170
Joined: 28-January 08



Ola, se alguén capturou o filme de Superman que botaron hai varias semanas, e non ten intención de montalo, se me pasa o audio eu estou interesado na montaxe.

Un saúdo!
Top
netoverflow
Posted: Nov 13 2008, 10:05 PM


Usuario profesional


Group: Membros
Posts: 709
Member No.: 23
Joined: 15-November 06



QUOTE (XDB @ Nov 13 2008, 19:33 PM)
Ola, se alguén capturou o filme de Superman que botaron hai varias semanas, e non ten intención de montalo, se me pasa o audio eu estou interesado na montaxe.

Un saúdo!

Creo que a teño eu. En canto poida xa che paso o audio. wink.gif wink.gif


--------------------
user posted image
POR SE AÍNDA ESTÁS LENDO ESTE FORO
(QUE XA QUEDOU OBSOLETO): A V3 XA ESTÁ AQUÍ:
www.OsArquivosDaMeiga.co.nr
Top
netoverflow
Posted: Nov 14 2008, 12:01 AM


Usuario profesional


Group: Membros
Posts: 709
Member No.: 23
Joined: 15-November 06



Tes unha MP. wink.gif wink.gif


--------------------
user posted image
POR SE AÍNDA ESTÁS LENDO ESTE FORO
(QUE XA QUEDOU OBSOLETO): A V3 XA ESTÁ AQUÍ:
www.OsArquivosDaMeiga.co.nr
Top
XDB
Posted: Feb 10 2009, 11:30 PM


Usuario avanzado


Group: Membros
Posts: 72
Member No.: 170
Joined: 28-January 08



Ola, xa hai meses que baixei varias películas de superman, todas elas duran 15 minutos máis que a versión que emitiu a galega. Hoxe mirei a ver se era algún anaco en concreto, comprobei os primeiros 25 minutos e hai unha diferencia de entre 1 e 2 minutos distribuidos en varias escenas, supoño que no resto pasará o mesmo. Así que non sei que facer, ¿é posible que a versión da tvg sexa única?¿ou se pode atopar outra igual? En castelán polo menos non a atopei.

Se alguén me pode axudar... é que eu non teño moita experiencia nisto sad.gif
Top
hbs
Posted: Feb 11 2009, 12:03 AM


Usuario profesional


Group: Membros
Posts: 569
Member No.: 52
Joined: 8-March 07



mira os fps
Top
XDB
Posted: Feb 11 2009, 12:15 AM


Usuario avanzado


Group: Membros
Posts: 72
Member No.: 170
Joined: 28-January 08



Cando digo que non teño moita experiencia máis ben quero dicir que non teño nin puta idea. Eu fago as montaxes (fixen dúas) seguindo paso por paso o tutorial de BlueLynx. Así que non sei que son os fps, como se miran nin de que me vale miralos. unsure.gif
Top
enfeitizador
Posted: Feb 11 2009, 03:51 AM


聖闘士星矢 " Arde, cosmos!


Group: Membros
Posts: 886
Member No.: 43
Joined: 10-January 07



FPS: frames per seconds (cadro/imaxes por segundo), noutras palabras velocidade de reproducción. As edicións en DVD e emisións televisivas en España son en sistema PAL, o cal ten unha taxa de 25 FPS; pero nas edicións EUA úsase o sistema NTSC, que é unha taxa de 23,97 fps (ou ben pode poñer 29,97 fps).

E de ahí che poden sair as diferenzas, comparas a velocidade do audio da TVG, que está a 25 fps, con un vídeo DVDrip (supoño versión EUA), que virá a 23,97 fps. A solución estaria, ou por unha banda, facerse cunha edición DVD(-rip) española, que deberia estar igual en velocidade co audio da TVG, ou ben, ralentizar (decelerar) a velocidade do audio galego aos 23,97fps.

Programa: http://besweet.notrace.dk/ - BeSweet
- Ir a stable e baixar BeSweet v1.4 e máis BeSweetGUI v0.6b61.
- Descomprimir todo no mesmo cartafol (recomendo na raiz de C:\, para te-lo máis a man). O programa pódese usar baixo liña de comandos (arquivo BeSweet.exe) ou ben con interface gráfica (arquivo BeSweetGUI0.6b61.exe).
- Agora toca pasar de 25fs (25000) a 23,97fps (23976). Na maioría dos casos seria 23976, pero convén mirar os FPS do vídeo, por se acaso: usar GSpot ou MediaInfo para ler a información do vídeo, buscar o valor Frame Rate e anotalo. Agora temos 2 opcións para facelo:

BeSweet (liña de comandos): copia o arquivo de audio ao cartafol do programa, renomea a "audioa25fps.mp3" (p.ex.), crea un documento de texto no mesmo cartafol, e escribe o seguinte:
CODE
BeSweet -core( -input "audioa25fps.mp3" -output "audioa23976fps.mp3") -ota( -r 23976 25000 )

gárdao coma executa.bat, e ao darlle dobre click, abrirache unha xanela do msdos, onde veras correndo uns numeros e ao carón transcoding. Iso é que o está a pasar. Cando remata, a xanela péchase soa e terás un novo arquivo de audio co nome de "audioa23976fps.mp3" (no exemplo), observarás que tamén pesa menos respecto ao orixinal.

BeSweetGUI0.6b61 (interface): copia o arquivo de audio ao cartafol do programa, renomea a "audioa25fps.mp3" (p.ex.) e abre o programa. Imos a configuralo. En Locations, indicar onde está o BeSweet.exe (buscalo, se o extraiches en C:\ xa che sairá o cartafol no mesmo recadro, senon busca a ruta onde estea, dobre click nel e abaixo poñerá "Valid", preme "ok"). O mesmo para engadir o audio antes renomeado, abrir "input", e primeiro, en "Enter file name" seleccionar .mp3 e logo buscao, dobre click, que marque "Valid" e "ok". E para rematar o mesmo no botón "Output", anque antes elixir da lista que abre o recadro verde "mp3", e logo buscar o cartafol do besweet, e poñer no "Enter file name" o nome que queiras, p.ex. "audioa23976fps.mp3", para que o garde alí (tamén lle podes sinalar o escritorio ou onde queiras).
Logo, con todo sinalado, no apartado "AC3ENC", poñer "mp3". Imos ao apartado "OTA (overall tracks adjust)" e ali sinalamos a opción "change framerate from" e os valores serian de 25000 a 23976 (este "23976" seria o valor que sacamos de mirar o Frame Rate do vídeo). E agora, premer o botón "MP3 to MP3" e abrirá unha xanela de msdos, cando remate, teras o arquivo cos fps cambiados.

E así pasarias os FPS de PAL a NTSC, co que debera concordar a velocidade de reproducción. Se así, en bruto e mensaxe tocho, non o entendes moito, miro de sacarche unhas capturiñas de mostra. E se non é de ahí o problema, obvia a mensaxe e descansa os ollos logo da parrafada sen senso.

PD. por se acaso, hobbes ou junpei (que vos vin comentar antes cousas do besweet), se vedes algo mal nalgún lado avisade, que eu co GUI non me dou, e na liña de comandos uso "per vida" o mesmo comando.


--------------------
Top
hbs
Posted: Feb 11 2009, 12:47 PM


Usuario profesional


Group: Membros
Posts: 569
Member No.: 52
Joined: 8-March 07



que e mais loxico acelerar o audio do rip usa que decelerar o audio galego tongue.gif
Top
Takezo
Posted: Feb 11 2009, 06:07 PM


Usuario experto


Group: Membros
Posts: 221
Member No.: 22
Joined: 15-November 06



aki un programa estrupendo basado en besweet, te ahorras de meter comandos tongue.gif

http://www.divxhouse.com/utilidades-audio/...udio-encoder-25


--------------------
user posted image
Takezo Shinmen : A súa meta é chegar a ser o mellor de todos.
Top
XDB
Posted: Feb 12 2009, 05:49 PM


Usuario avanzado


Group: Membros
Posts: 72
Member No.: 170
Joined: 28-January 08



Grazas pola axuda, pero creo que o problema non e dos fps, o rip que vaixei é en español. O audio en galego vai ben ata que chega á parte en que mandan a Superman á Terra, creo que nesa parte a TVG fixo un resumo porque pareceume que se saltaban diálogos. ¿É normal que fagan iso ou é que non me fixei ben?
Top
Magnum
Posted: Feb 13 2009, 10:36 AM


Usuario experto


Group: Membros
Posts: 102
Member No.: 148
Joined: 4-October 07



Non sei se será o mesmo, pero a min pasoume algo parecido ao face-la montaxe de Robocop. O problema foi que ao convertí-lo audio de .wav a .mp3 automáticamente cambiou o FPS, pasando a ter unha duración distinta. O que tiven que facer foi volver a poñelo aos 25fps que lle correspondían co BeSweet. A ver se che sirve
Top


Topic Options



Hosted for free by InvisionFree (Terms of Use: Updated 7/7/05) | Powered by Invision Power Board v1.3 Final © 2003 IPS, Inc.
Page creation time: 0.1938 seconds | Archive